Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Uvigo
+34 986801999
mastersocialmedia@uvigo.es

Competencias

O plan de estudos deste máster busca dotar ao seu alumnado das seguintes competencias:

Competencias básicas (establecidas polo RD 861/2010)

  • Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencias xerais

  • Capacidade para integrarse en equipos de traballo multidisciplinares
  • Capacidade de liderado
  • Capacidade para a organización do traballo

Competencias específicas

  • Coñecemento da estrutura do ecosistema comunicativo na sociedade dixital, así como dos usos, comportamentos e códigos dos distintos suxeitos que o conforman.
  • Capacidade de optimizar a selección e aplicación de ferramentas TIC no ámbito académico e profesional.
  • Capacidade para integrar a dirección de comunicación dixital dentro da estratexia de comunicación global dunha organización.
  • Capacidade para identificar e definir públicos, obxectivos e mensaxes da comunicación institucional no contexto dixital.
  • Habilidade para deseñar e implantar un plan de comunicación dixital e desenvolver campañas de comunicación en redes sociais e medios dixitais.
  • Habilidade para deseñar a estratexia de contidos de acordo cos obxectivos de comunicación fixados e de desenvolvelos dentro das liñas estratéxicas da organización
  • Coñecemento das principais fontes, métricas e ferramentas para medir a eficacia en redes sociais e comunicación dixital.
  • Capacidade de interpretación e análise de métricas sociais.
  • Capacidade para avaliar a eficacia e retorno das accións en medios dixitais e redes sociais.
  • Capacidade para seleccionar e contratar canles de difusión de campañas de comunicación en medios dixitais e sociais
  • Capacidade para implementar, adaptar e manter os sistemas de xestión de contidos (CMS) de referencia
  • Capacidade para redactar contidos de marca para blogues,  webs e redes sociais dentro da estratexia de comunicación dixital dunha organización.
  • Coñecemento das técnicas e usos da redacción e  maquetación de contidos para internet.
  • Coñecemento dos elementos técnicos, legais, narrativos e artísticos para a creación e publicación de fotografías, gráficos, vídeo, audio e animación na internet e redes sociais.
  • Coñecemento sobre as ferramentas e dispositivos de fotografía, gravación de vídeo e audio, edición e distribución, optimizadas para internet e redes sociais.
  • Capacidade para rexistrar, editar e distribuír fotografía, vídeo e audio de acordo con estándares optimizados para internet e as distintas redes sociais.
  • Coñecemento sobre as ferramentas de deseño gráfico e visualización de datos optimizados para internet e redes sociais
  • Capacidade para elaborar deseños e infografías optimizadas para cada canle de comunicación dixital
  • Coñecemento dos contextos e procesos do emprendemento empresarial
    Capacidade para elaborar un plan de negocio.

Competencias transversais

  • Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  • Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega. Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  • Habilidade para a xestión da marca persoal e a propia reputación dixital.
  • Habilidade para a integración e aplicación de coñecementos nun proxecto de comunicación dixital.