Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Uvigo
+34 986801999
mastersocialmedia@uvigo.es

Matrícula

Calendario e datas para o curso 2023-24 ACTUALIZADO

Calendario de preinscrición e matrícula para estudos de Máster no curso 2022-23

  • Prazo de preinscrición: do 3 ao 9 de xullo
  • Publicación do listado provisional: 20 de xullo
  • Prazo de reclamacións: do 21 ao 23 de xullo
  • Publicación do listado definitivo: 27 de xullo
  • Matrícula: do 28 ao 31 de xullo.

Non se abrirá un prazo novo de inscrición se se cobren as prazas (25) co listado definito publicado o día 27 de xullo e a creación dunha lista de agarda

PROCESO DE ACCESO E ADMISIÓN

Tal e como se recolle no Real Decreto 1393/2017, que establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.

O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Máster.

O protocolo de selección do estudantado estará a cargo dun órgano de admisión propio que será o encargado de avaliar as solicitudes das persoas candidatas. Este órgano está composto por unha comisión académica formada polos seguintes membros: o/a coordinador/a de o título, que exercerá como presidente, o/a responsable de calidade do centro ou persoa en quen delegue, os/as coordinadores/ as dos módulos do título, coordinador/a de o PAT do título, coordinador/a de Traballos Fin de Máster, coordinador/a de prácticas do título e un/unha representante do sector empresarial.

Algunhas preguntas frecuentes (FAQs)

Os méritos avaliables que terá en conta a comisión son os seguintes (aprobados en Comisión Académica de Mestrado o 20/04/2022)

  • Expediente académico: valorarase de 1 a 4 según o procedemento regular en España (ata un máximo de 4 puntos).
  • Títulación universitaria
    • en Publicidade e Relacións Públicas, en Comunicación Audiovisual ou en Xornalismo (1,5 puntos)
    • no ámbito das Ciencias Sociais (1 puntos)
    • nos ámbitos de Artes, Humanidades e Ciencias Xurídicas (0,5 punto)
  • Curriculum Vitae (ata un máximo de 2 puntos)
  • Coñecemento e acreditación do inglés (nivel B2 ou superior, dentro do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, ata un máximo de 1 punto)
  • Coñecemento e acreditación de uso das TIC (cursos de formación en competencias dixitais segundo carga lectiva e contidos, ata un máximo de 1 punto)

So se avaliarán os méritos aportados debidamente xustificados.

Podes consultar toda a información administrativa e os prazos de matrícula aquí.

Os prezos públicos dos estudos na Universidade de Vigo poden consultarse aquí.

Para que teñas unha aproximación, o custe total do mestrado é de arredor de 600€, cun incremento do 25% para persoas de fóra de España.

En galego e/ou castelán

De acordo co artigo 1.3 dos Estatutos da Universidade de Vigo (2019), «o galego é a lingua propia da Universidade de Vigo e é a lingua de uso normal das súas actividades». Estas dúas condicións, «lingua propia» e «lingua de uso normal» deben garantirse en todas as actividades da institución, incluída a docencia.

En consecuencia, toda a normativa lingüística elaborada pola Universidade procura fortalecer este principio, sen prexuízo do uso da lingua castelá. Así, o artigo 7.1 do Regulamento do uso da lingua galega (2015) establece que «O profesorado e o estudantado teñen o dereito a expresarse oralmente e por escrito na lingua oficial da súa preferencia. É obxectivo da Universidade que o galego sexa vínculo de expresión normal nas actividades docentes e investigadoras»; pero, especialmente, queremos remarcar o artigo 7.8 dese Regulamento, que establece que «A asistencia a clase de alumnado proveniente de fóra do dominio lingüístico galego non comportará alteracións de uso do galego na docencia».

Este marco normativo protexe a decisión de todo docente e de todo discente de optar polo uso do galego como lingua de traballo.

O cal non interfire, naturalmente, no dereito que todo o alumnado ten a usar a lingua castelá en todas as súas interaccións co persoal docente e da administración e servizos da Universidade de Vigo.

As clases son os xoves e venres, salvo excepcións puntuais, dende setembro ata abril.

Non. Ofertamos 25 prazas so en modalidade presencial porque priorizamos a formación máis personalizada.

Non se contempla en ningún caso a semipresencialidade, a docencia online ou as matrículas a tempo parcial.

Para consultas sobre o proceso de matrícula  poden dirixirse a: xaposgraopo@uvigo.es

ESTE APARTADO ACTUALIZARASE O 20 DE XULLO 

Consulta aquí as listaxes provisionais de persoas admitidas, lista de agarda e persoas excluídas no Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, aprobadas na reunión da CAM do 14/07/2022, e feitas públicas o 18 de xullo de 2022

( prazo de reclamacións do 21 ao 23 de xullo )

 

Consulta aquí as  listaxes definitivas de persoas admitidas, lista de agarda persoas excluídas no Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, aprobadas na reunión da CAM do 22/07/2022, e feitas públicas o 27 de xullo de 2022

(Matrícula: do 28 de xullo ao 31 de xullo)